blog de sweena

sweena, a guerreira descontrolada

Enviado por sweena el Mar, 10/06/2008 - 13:52.


sweena é unha guerreira, que naceu da pornoguerra, do sadomasoquismo social e dos intentos frustrados de mutilacións patriarcais, naceu dun grito entre a dor e o pracer, da confusión entre o amor e a submisión.
sweena tola, sweena atrevida, histriónica, sweena: emocións, alegria, choros, sorrisos, un dia superfeliz e me como o mundo, o dia seguinte me fago pequeniña e busco onde agocharme.

| »

cultura libre para unha sociedade libre

Enviado por sweena el Mar, 10/06/2008 - 11:51.


Despois de tanto tempo sen dicer unha palabra, que mellor momento para comezar a gritar: cultura libre!!!, pero de verdade, desde o principio, desde a idea.
Hoxe arrancan unhas xornadas ben paridas, nas que podemos facer un percorrido pola criazón colectiva e libre de direitos. Para min a propriedade intelectual, simplesmente non existe, e como tal, ninguén deberia aproveitar-se duns direitos ilexítimos.

| »